Sinopsis
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avóa.
Unha montaxe na que ser proporá recuperar ditos, retrousos, xogos de man,... toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.
Un espectáculo para incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.
Ficha artística
Reparto: María Ordóñez e Toño Casais
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario e caracterización: Martina Cambeiro
Deseño gráfico: Fausto Isorna
Fotografía e vídeo: Rubén Prieto
Produción e distribución: Auri Ferreiro e Artur Trillo
Axudante de dirección: Martina Cambeiro
Autor e director: Artur Trillo