Sinopsis
Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de can. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos.
Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia... que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda. Comedia paródica. Comedia metafórica.
Ficha artística
Autor: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo