Sinopsis
Unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos.
A avóa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra:
-Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!
-Ben sabes pequena, di a avóa, que para ser unha boa bruxa… ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo.
Ficha artística
Autor: Artur Trillo
Dirección: Artur Trillo
Elenco: María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos eRubén Prieto