Sinopsis
Revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro.
Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldini que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorpora novas formas de teatralidade. Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos urbanísticos, nobres e mandatarios trocan en empresarios e políticos, e a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz coma divertido.
Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo.
Ficha artística
Autor: Carlo Goldoni
Reparto: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo
Escenografía cartel: Diego Valeiras
Vestiario e caracterización: Martina Cambeiro
Realización de escenografía: Dani Trillo
Realización de vestiario: Bety Sieira (Chimpos)
Iluminación: Diego Valeiras
Produción e distribución: Auri Ferreiro e Artur Trillo
Axudante de dirección: Martina Cambeiro
Versión e dirección: Diego Rey