Sinopsis
Milán,1969.
Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade.
Cunha sátira implacable chea de humor, Dario Fo pon en evidencia a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represora, así como o importante papel dos medios de comunicación na súa busca da noticia e do “escándalo”.
Ficha artística
Autor: Dario Fo
Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey y Marta Ríos