Sinopsis
No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar.
E entre todas elas está a nosa, a galega.Con A parábola do angazo queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala ben fórae demostrar que aínda ten moito que dicir.
Ficha artística
Dirección: Diego Rey
Textos: Araceli Gonda, Marta Lado, José Prieto, Diego Rey, Séchu Sende y Artur Trillo
Elenco: Toño Casais e Artur Trillo
Música: Manu Abraldes
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestuario y maquillaje: Martina Cambeiro
Construcción de títeres: Borja Insúa
Fotografía y vídeo: Rubén Prieto
Diseño gráfico: Fausto Deseño ASC
Producción y distribución: Auri Ferreiro y Artur Trillo